A Escola de Actrices e Actores do Padroado da Cultura estreará o espectáculo teatral “Será por camiños”

Ensaio da obra – Concello de Narón

Nove alumnas e alumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón subiranse mañá ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra “Será por camiños”. O Padroado da Cultura produce este espectáculo, cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros. A representación dará comezo ás 20.30 horas.

Será por camiños” remontará ao espectador ao século XIII para contar unha historia que xira en torno ao Camiño de Santo André. Renata de Castro será unha das protagonistas desta historia, xunto con Gaspar, un xograr que ao igual que ela estaba no mosteiro do Couto e co que decide emprender unha aventura para fuxir dun matrimonio de conveniencia. Ambos parten do Couto cara a San André, percorrendo durante días unha ruta de peregrinaxe na que vivirán unha gran variedade de aventuras e coñecendo a numerosas persoas que lles contarán diversas historias.

Trátase dunha obra teatral na que José Prieto e Manuel Areoso se responsabilizan da dramaturxia, mentres que Celia González se encarga da dirección. O elenco está formado por alumnado do último curso –terceiro– da Escola de Teatro de Narón. Nesta ocasión interpretarán os diferentes papeis Carmen Caeiro, Xone Sanlópez, Susana Mauriz, Lidia Piñeiro, Luis Pillado, Maite Gayet, Xoán Padín, Álex Combarro e Ángel Villar.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …