Cabanas abre o prazo de inscrición na Campaña de Esquí da Deputación

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación da Coruña. A través da mesma, rapaces nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 poderán practicar este deporte na estación invernal de Leitariegos, provincia de León. A Cabanas correspóndenlle tres prazas a disfrutar na segunda quenda: do 5 ó 10 de febreiro.

Se a demanda excedese a oferta, realizaríase un sorteo público para a adxudicación de prazas. Así mesmo, terán preferencia os rapaces que non tivesen acodido a ningunha campaña de neve previa da Deputación.

Aquelas persoas interesadas en inscribir ós seus fillos deberán facelo no Departamento municipal de Cultura e Deportes e o prazo remata o 23 de xaneiro. Terán que cubrir unha ficha e presentar unha foto de carné, así como fotocopias da documentación requirida. O Concello pon a disposición da veciñanza o correo cultura@cabanas.gal, o teléfono 981 49 59 59 ext.3 e o persoal da concellería para solventar calquer dúbida. A Deputación tamén ofrece cumprida información na web www.dicoruna.es/deportes/actividades.

A Deputación responsabilizarase da maior parte dos gastos ocasionados: transporte, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento, material e actividades varias. E a cuota de inscrición por participante é de 95 euros.

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …