O pavillón municipal Campo da Serra acolle o Impact Weekend Narón 2016

impact naron 20-7

O pavillón municipal Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá esta fin de semana, do 22 ao 24, o Impact Weekend Narón 2016. O Concello de Narón colabora nesta proposta de ocio, que prevé reunir a numerosas persoas durante as tres xornadas nas que se desenvolverá o evetento, impulsado desde a Asociación Cultural Impact. Para os torneos do sábado e do domingo están anotadas algo máis de cen persoas en cada xornada, tal e como explicou o presidente de Impact, Antonio Adalid.

Os asistentes poderán gozar dunha gran variedade de actividades, nas que participarán a Asociación Retronarón, a Asociación Mesa Cuadrada, o Club Excalextric Narón, a Asociación Legion Gamer e a Asociación Cultural Impact. En canto aos xogadores, este ano acudirán representantes de diferentes concellos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e Castela León, entre outros, e tamén desde Portugal, tal e como avanzou Antonio Adalid.

A Asociación Mesa Cuadrada propón o torneo X-Wing o sábado e partidas introdutorias de Bolt Accion, Infinity e Saga o domingo e a de Excalextric de Narón montará unha pista a catro carrís que estará operativa nas xornadas do sábado e o domingo. Tamén haberá unha exposición da Asociación Retronarón durante o sábado de carácter retro e con xogos de consolas tamén retro para os asistentes interesados.

A maiores, Legion Gamer Coruña traerá a Narón os torneos FIFA 2016 e Tekken e, nas diversas modalidades de cartas, a Asociación Cultural Impact inaugurará o venres pola tarde, a partir das 16.30 horas, os torneos clasificatorios Carnicerías de Legacy; o sábado desde as 10.00 o Impact Legacy e Carnicerías de Modern e o domingo, desde esa mesma hora o Impact Modern, xunto con torneos deMagic The Gatering durante toda a fin de semana nos formatos de Modern e Legacy, tal e como indicaron desde o colectivo. A maiores das persoas inscritas, as interesadas poderán anotarse o propio día das actividades, antes do inicio das mesmas, no propio pavillón de Campo da Serra, a partir das 16:30 horas o venres e entre as 9 e as 9:50 o sábado e o domingo.

Así mesmo, entre os artistas convidados a esta cita están Marta Molina (Segovia), unha das mellores alteradoras a nivel nacional do mundo Magic Gamergy, que amosará os seus traballos na localidade; e as cosplayers Kate Key (Zaragoza) e Belify Bel (Madrid), que realizarán cosplays específicos para o Impact Weekend desta fin de semana na localidade.

As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento, así como das normas para participar, poden facelo a través de diferentes redes sociais: Twitter (@impactreturns1); Instagram (ImpactReturns) e Facebook (Impact Returns), así como das páxinas web: www.impactreturns.com e www.asociacionculturalimpact.com.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …