Minuto en silencio en Narón como mostra de solidaridade coas vítimas de Orlando

MINUTO SILENCIO ORLANDO NARON 14-6

Representantes políticos e municipais do Concello de Narón, encabezados polo alcalde José Manuel Blanco, sumáronse esta mañá a unha concentración silenciosa convocada ante as portas do Consistorio como mostra de solidaridade coas vítimas do tiroteo rexistrado no Clube Pulse de Orlando (Florida), na madrugada do pasado domingo. O acto tivo lugar ás doce do mediodía e os asistentes gardaron un minuto de silencio en repulsa da masacre, na que morreron un total de 49 persoas e resultaron feridas outras 53.

O autor dos disparos, Omar Siddique, de 29 anos, foi abatido a tiros pola policía tras cometer a barbarie, pasadas as 5 horas, tres máis tarde de iniciarse a matanza. Nese momento no interior do clube había unhas trescentas persoas.

Lea también

Axenda en Narón do 7 e 8 de xuño de 2025

Sábado 7 de xuño de 2025 -Actividade: I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón. …