O Pazo da Cultura acolle este sábado a comedia «Menú da noite»

O Pazo da Cultura acollerá este sábado a representación da comedia Menú da noite, protagonizada polo actor cómico Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila. A representación, dunha hora e media de duración, comezará ás 20 horas e o prezo das entradas, xa á venta na taquilla do Pazo, é de 10 euros no patio de butacas e 8 euros nos anfiteatros se se compran de xeito anticipado, e de 12 euros no patio de butacas e 10 nos anfiteatros no caso de mercalas o propio día da actuación.

A obra é unha segunda entrega, tras Menú do día, na que os protagonistas vestían saias escocesas. Agora, con seus smókings, Carlos Blanco e Luis Davila suben de novo ao escenario para literalmente, cociñar en directo. Baile, animación, debuxo de viñetas en directo e música de Budiño e Kepa Junquera completarán este espectáculo no que o espectador gozará coas ocurrencias destes dous artistas galegos.

Lea también

David Bustamante actúa en Ferrol en las fiestas de San Ramón

El cantante cántabro actuará el 29 de agosto en la plaza de Armas. El cartel …