Teatro e Musica galega infantil esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón

El VodevilA compañía teatral El Vodevil estará este sábado, día 16, no Pazo da Cultura de Narón representando a obra «Mármol». Elena González, Susana Hermández, Pepe Viyuela e José Luis Alcobendas compoñen o elenco desta peza dramática, dirixida por Antonio C. Guijosa e cuxa representación comezará ás 20.00 horas.

O espectáculo, dirixido a público adulto, ten unha duración de case unha hora e media e as entradas están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 15 euros para o público en xeral e de 10,50 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

«Mármol» é unha obra dramática contemporánea protagonizada por Art e Ben, dous amigos que xunto coas súas mulleres, Anne e Catheriene, respectivamente, experimentan unha serie de vivencias que fan reflexionar ao espectador sobre os soños e as realidades en xeral e as relacións de parella en particular.

Sons MiúdosO DOMINGO, ESPECTÁCULO MUSICAL 

Na xornada do domingo, día 17, será o turno de Urdime, que traerá ao Pazo o espectáculo de música infantil galega «Urdime». Doce artistas –un cuarteto, seis cantantes e dous actores- subiranse ao escenario para interpretar un variado repertorio de música infantil galega dos últimos quince anos, que comezará ás 18.00 horas.

Os actores de Ghazafelhos Pepablo Patiño e Montse Piñón conducirán este concerto musical, que reunirá no escenario a recoñecidos profesionais do mundo da música, como Magín Blanco, Xoán Curiel, Ana Senlle, Javier Constenla e Carlos Freire, entre outros.

As entradas dispoñibles están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para o resto.

Lea también

«Bohemios» celebró su 35 aniversario con una gala en el teatro Jofre

El  alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó en la  tarde de este sábado …