O PPdeG lamenta que a oposición rexeite arranxar os problemas do Centro de Saúde de Mugardos

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular en Galicia, Aurelio Núñez, lamentou hoxe que os grupos da oposición rexeitaran instar á Xunta a poñerse en contacto co Concello de Mugardos para buscar fórmulas que permitan identificar e corrixir as deficiencias existentes no centro de saúde.

«Mentres non se produza a transferencia da titularidade deste centro de saúde desde o Concello á Xunta, as obras que se leven a cabo correspóndenlle ao Concello, que ten a obriga de entregado ao SERGAS en boas condicións», apuntou o voceiro.

Aurelio Núñez indicou que o SERGAS «sempre coa pertinente autorización do Concello, non ten inconveniente en enviar técnicos que valoren as deficiencias máis urxentes e colaborar co Concello na reparación das mesmas».

Deficiencias a reparar

O portavoz popular recoñeceu que existen deficiencias estruturais no centro de saúde de Mugardos «que se deben arranxar con certa urxencia: como é o caso da cuberta e a calefacción». «Esas reparacións máis urxentes serían unha solución provisional ata a transferencia d centro de saúde á Consellería de Sanidade», explicou.

O centro de saúde de Mugardos figura entre os 29 que se transferirán ao SERGAS en próximas datas, dentro do convenio da Xunta coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Núñez Centeno criticou deste modo que «as presas da oposición por solucionar agora os problemas do edificio sanitario de Mugardos, cando, por primeira vez na historia, está a gobernar en minoría nesta localidade o Partido Popular». «Non foron vostedes tan rápidos nin tan preocupados cando gobernaba o BNG ou incluso antes os socialistas», lamentou.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …