A Biblioteca Municipal de Narón acolle unha Xornada informativa sobre novos Proxectos Europeos no ámbito rural

(fot. Fermín Goiriz)
(fot. Fermín Goiriz)

O baixo da Biblioteca Municipal do Alto acollerá esta tarde, a partir das 20.00 horas, unha xornada informativa dirixida ás asociacións veciñais, sociais, culturais, deportivas e empresariais da localidade. Á convocatoria asistirán a xerente de Costa Noroeste, Natividad González, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, que se encargarán de explicar que a xornada responde á posta en marcha do novo período de financiamento europeo para o Desenvolvemento Rural dos Estados membros da UE ata o ano 2020, polo que se informará aos asistentes sobre novos Proxectos Europeos no ámbito rural. O acto enmárcase nunha rolda de xuntanzas que Costa Noroeste está realizando por varios concellos da comarca con fins informativos.

Na convocatoria ofrecerase información sobre a creación do Grupo de Acción Local que crearán conxuntamente Costa Noroeste e Euroeume, que se unificarán para concorrer a fondos europeos do Programa Leader de Galicia. Poderán adherirse á nova entidade –sen ánimo de lucro- as asociación que o estimen oportuno, tal e como avanzou Ramos, que incidiu no feito de que poderán presentar proxectos de desenvolvemento rural –produtivos e non produtivos- os particulares, asociacións ou entidades administrativas supramunicipais que o estimen oportuno.

Así mesmo, desde a citada entidade na que se englobarían as asociacións interesadas, poderase participar na elaboración dos criterios e prioridades da comarca a través da Estratexia de Desenvolvemento Local.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …