TEGA amosa absoluta sorpresa polas criticas de Miguel de Santiago sobre reparto de axudas

terra galega Terra Galega de Narón amosa nun comunicado «a súa absoluta sorpresa ante as críticas do candidato do PP na localidade, Miguel de Santiago, sobre o reparto de axudas no Concello. En relación cos convenios nominativos, o partido considera que o tamén deputado provincial Miguel de Santiago probablemente non sexa a persoa idónea para falar de transparencia en canto a este tipo de xestións, ao ser el mesmo unha das persoas que votou a favor no pleno da  Deputación da Coruña para sacar adiante dezanove convenios nominativos para os que o PP tivo que levantar un reparo por unha advertencia de ilegalidade, según consta nun informe do interventor da administración provincial. En referencia ao documento emitido polo Consello de Contas de Galicia relativo ao ano 2010 e ao que alude o popular, TEGA sinala que se trata dun informe no que o interventor municipal recomendaba que se subsanasen unas aclaracións no proxecto ortzamentario e que así o fixo o goberno local en cuestión de días a través das áreas de Servizos Sociais e Deportes, tal como consta no expediente presupuestario».

Por último, Terra Galega recorda a De Santiago «que tamén co seu voto na Deputación deu o visto bó no ano 2013 a que se aprobasen axudas por importe de 18 millóns de euros para os Concellos da provincia e entre os que Narón era un dos que quedaban excluídos. Foron as presións realizadas desde TEGA Narón as que permitiron que finalmente se concedese ao municipio o importe que lle correspondía para que esa cantidade repercuta en melloras para os veciños. Terra Galega continuará traballando como ata o de agora polo benestar dos cidadáns de Narón e non vai entrar no xogo político iniciado polo PP na precampaña electoral para tentar demostrar a nula actividade dos populares no Concello e nas administración supramunicipais nas que están representados e desde onde deberían preocuparse por  beneficiar aos veciños».

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …